Friday 17 de May de 2024

Ovidio Rodeiro entregou na Coruña as medallas aos máis de 1.300 xóvenes deportistas que participaron no “Xogajudo”


 

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou na entrega de medallas aos participantes na primeira xornada do “Xogajudo”, unha cita na que os nenos toman un primeiro contacto co mundo da competición nun nivel pre-deportivo. Ao longo de toda a mañá, máis de 1.300 rapaces pertencentes a 25 equipos da Coruña e a súa área metropolitana gozaron no pavillón de Elviña dunha actividade encamiñada a fomentar os valores de amizade e respecto entre os participantes.

Na xornada de hoxe os rapaces evolucionaron nos tatamis divididos por categorías de peso e idade, en alevín, infantil e benxamín, tanto masculino como feminino. Arredor de 3.000 persoas acudiron a contemplar as evolucións dos rapaces, sempre supervisados por un grupo de uns 50 técnicos. O “Xogajudo” visitará en vindeiras datas outras localidades de Galicia, fomentando entres os participantes a práctica lúdica do deporte, a diversión segura e as primeiras experiencias como aspirantes a campións.